(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

(09).LINGUA GALEGA E LITERATURA 2O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651911
ISBN:
978-84-9865-191-1
Páginas:
226
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
2O.BACHARELATO

Descuento:

-5%

Antes:

29,00 €

Despues:

27,55 €
IVA incluido

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura  (estudo que abrangue ata os autores e autoras máis actuais destes inicios do século XXI), o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades para facer deste manual un material motivador  e doado de manexar. Os exercicios serán o complemento que permitirá que o estudo se memorice mellor e, sobre todo, que se comprenda mellor. Todas as Unidades Didácticas se presentan, tanto nos apartados  de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Esta é unha vantaxe importante á hora de planificar o estudo e, xa que logo, a comprensión será moito máis doada. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha batería de exercicios moi prácticos e variados, entre os que destacan, en todas as unidades, exames completos de Selectividade que van permitir afrontar esa proba con total seguridade. Como no libro de 1º curso, sabemos que para que a grandeza  da nosa literatura sexa entendida en toda a súa dimensión, é necesario encardinalo cos grandes feitos da historia da humanidade. Por iso, nas unidades de literatura ofrécese unha liña do tempo que explica a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. Atendendo ás cores, o estudante asiste a unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 O libro de texto de Lingua e Literatura Galega de 2º de bacharelato é,  sobre todo, unha ferramenta útil, non só para comprender os temas que  esixe o programa educativo, senón, tamén, para enfrontarte con éxito ás probas de acceso á universidade. Ao mesmo tempo, e consonte o formulado no 1º curso, está escrito desde o convencemento de que a lingua galega é unha fiestra aberta, para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua, a nosa, é un vehículo de coñecemento, mais tamén de comunicación.

Otros libros del autor en La Casa del Estudiante

Galaxia en La Casa del Estudiante

  • Galicia e o mar. Estudios de economía pesqueira -5%
    Titulo del libro
    Galicia e o mar. Estudios de economía pesqueira
    Varios autores
    Galaxia
    O marco estrutural no que se desenvolve a pesca a escala mundial, a análise económica do sector, a situación...
    No disponible

    23,05 €21,90 €

  • O galo de Antioquía -5%
    Titulo del libro
    O galo de Antioquía
    Casares, Carlos
    Galaxia
    Un bo día, o ferreiro Antonio Madarro "O Calatrón" pon un ovo. Ao pouco tempo comezan a saírlle plumas e, pr...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,50 €15,68 €

  • Guía e rutas da arte I: Epocas e estilos -5%
    Titulo del libro
    Guía e rutas da arte I: Epocas e estilos
    Cegarra, Basilio
    Galaxia
    A obra fórmana seis tomos: catro dedicados ás provincias galegas, un centrado en Santiago de Compostela e a s...
    No disponible

    25,00 €23,75 €

  • A SENDA DA SAL -5%
    Titulo del libro
    A SENDA DA SAL
    Fernández Davila, Fran
    Galaxia
    Premio de novela por entregas "La Voz de Galicia 2017" Un vello mariñeiro, no solpor da súa vida, sente a nec...
    No disponible

    15,90 €15,11 €

  • O can Rin e o lobo Crispín -5%
    Titulo del libro
    O can Rin e o lobo Crispín
    Casares, Carlos
    Galaxia
    O can Rin é moi especial, moitísimas son as marabillas que este can bran co e peludo é quen de facer: conta ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,15 €10,59 €