A memoria do Carballiño

A memoria do Carballiño

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820516
Año de edición:
Materia
GEOGRAFIA
ISBN:
978-84-9782-051-6
Páginas:
96
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

9,90 €

Despues:

9,41 €
IVA incluido

O presente álbum sobre a memoria gráfica do Carballiño -preparado, como os restantes volumes da serie, por Carlos Díaz Martínez- iníciase  a principios do século XX coas temáticas que definen as características sociais e económicas da vila: a presencia do Balneario, a condición da vila de encrucillada de vías de comunicación  e de centro comercial da comarca. Estes puntos de interese deixaron entre 1900 e 1936 unha valiosa produción de postais de gran relevancia  e calidade de edición. A importancia da vila do Carballiño amósase pola inclusión de numerosos exemplares da famosa serie xeral do editor  e impresor de Madrid, a casa fototipia Hauser y Menet. Deste período cómpre resaltar a importancia de dúas iniciativas locais: a serie coa temática da vila, do editor Andrés Fernández e a serie de publicidade do Balneario. Por razóns da orixe histórica do Carballiño, no presente  álbum inclúense a serie de Oseira (1925), do fotógrafo barcelonés L. Roisin. Iniciativa editorial do propio Mosteiro para dar a coñecer o valor deste patrimonio monumental. O volume complétase con outras tarxetas postais editadas pasada a Guerra Civil, das que teñen especial interese a publicada por Paisajes Españoles de Madrid que inclúe a curiosidade de fotografías áereas, tema moi novidoso naqueles  tempos. Ademais do case centenar de postais, fotografías, gravados, mapas e marcas filatélicas, o volume inclúe o ensaio literario de Felipe Senén, «O Carballiño, porta dos ribeiros (parada e fonda)», onde o autor glosa fermosamente a historia da súa vila bañada polo río Arenteiro. Senén reconstrúe os aconteceres do Carballiño, dende os primeiros vestixios castrexos, a encrucillada de camiños medieval, a escola popular dos ilustrados, ata a memoria gráfica máis contemporánea. O amplo estudo do prologuista detense tamén na glosa da  importancia do mosteiro de Oseira, así como dos Pazos do Arenteiro e dos camiños polo Ribeiro de Avia.

Otros libros del autor en La Casa del Estudiante

Materia en La Casa del Estudiante

Xerais en La Casa del Estudiante

  • Gramática da Lingua Galega -5%
    Titulo del libro
    Gramática da Lingua Galega
    Feixó Cid, Xosé
    Xerais
    Esta "Gramática da lingua galega", preparada por Xosé Feixó Cid, preparouse cun carácter eminementemente pr...
    No disponible

    25,50 €24,23 €

  • Rapazas -5%
    Titulo del libro
    Rapazas
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    No disponible

    7,20 €6,84 €

  • Historias para calquera lugar -5%
    Titulo del libro
    Historias para calquera lugar
    Alfaya, An;Caride, Ramón;Fernández Paz, Agustín;DoCampo, Xabier P.;Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    Historias para calquera lugar é o libro colectivo co que a colección Merlín celebra a publicación do seu nÃ...
    No disponible

    11,35 €10,78 €

  • Curriño. Benvido ao equipo -5%
    Titulo del libro
    Curriño. Benvido ao equipo
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Curriño leva días con cara de can, no peor sentido: botárono da súa mansión, tivo que rebuscar no lixo e s...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,50 €10,93 €

  • Adiviñanceiro popular galego -5%
    Titulo del libro
    Adiviñanceiro popular galego
    García Fernández, José Luis / Fernández Fernández, Concepción
    Xerais
    A adiviña é unha "enxeñosa descrición en verso dunha mensaxe que o receptor debe descubrir". Neste adiviña...
    No disponible

    26,20 €24,89 €