As Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027875
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-8302-787-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

Descuento:

-5%

Antes:

27,00 €

Despues:

25,65 €
IVA incluido

As Cantigas de Santa María son o punto final dunha longa tradición literaria en loanza da Virxe María. Obra dun rei que tiña a súa disposición un obradoiro literario onde non faltaban medios, as Cantigas foron copiadas en ricos códices, onde cada texto vai acompañado da notación musical e de ricas imaxes.Desde este libro de Elvira Fidalgo, profesora titular da Universidade de Santiago, preténdese ofrecerlle ó lector unha visión o máis completa posible das  Cantigas de Santa María, dado que nunca se chegou a elaborar un libro  que abarcase os puntos básicos e esenciais para que o interesado pola  literatura medieval galega puidera completar o coñecemento do panorama poético do noroeste peninsular co achegamento a un cancioneiro tan rico, completo e complexo. Este libro estudia os aspectos fundamentais para a comprensión de tan ambiciosa obra e a tal  fin revísase a tradición literaria na que se encadra, levando a cabo unha análise do modelo arquitectónico que estructura os textos e un repaso ós problemas que presenta a súa edición, aínda non resoltos. Por primeira vez, ofrécese un estudio global das cantigas de loor que ata o de agora non chamaran a atención da crítica e descríbense dous modelos básicos ós que responde a factura destes textos particulares. Hai tamén un apartado para a música e outro para a iconografía, preprado pola medievalista Rocío Sánchez Ameijeiras, que por vez primeira se estudia con carácter xeral, destacando a importancia da miniatura alfonsina no panorama europeo da época.

Materia en La Casa del Estudiante

Xerais en La Casa del Estudiante

  • O que non sabías -5%
    Titulo del libro
    O que non sabías
    Pedrosa, Elba
    Xerais
    Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co si...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,50 €17,58 €

  • Tránsito dos gramáticos -5%
    Titulo del libro
    Tránsito dos gramáticos
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    Fóra da rúa principal a Alxama era un fedorento dédalo de quellas envoltas na tebra, nas que cabía escoller...
    No disponible

    13,35 €12,68 €

  • O LADO DO QUE DORMES -5%
    Titulo del libro
    O LADO DO QUE DORMES
    Canosa, María
    Xerais
    Laura ten 37 anos, un home, dous fillos, unha hipoteca, un traballo e... a vida por diante. Pero no seu traball...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €18,00 €

  • A cabeza máxica -5%
    Titulo del libro
    A cabeza máxica
    Fluixà Vivas, Josep Antoni
    Xerais
    Sara debuxa moi ben. Tan ben que é capaz de facer unha cabeza e darlle  vida. A nova colección "Paseniñ...
    No disponible

    6,80 €6,46 €

  • PLACEBO -5%
    Titulo del libro
    PLACEBO
    JAUREGUIZAR
    Xerais
    Roi sobreviviu a un accidente horrible. A memoria quedoulle sepultada nun aeroporto de París. De regreso a Gal...
    No disponible

    18,50 €17,58 €