Boullón Agrelo, Ana Isabel; Monteagudo Romero, Henrique
Descuento:
-5%Antes:
Despues:
22,80 €Esta obra contén no seu cerne a edición de cincuenta documentos notariais producidos en galego entre ca. 1225 e ca. 1260, lidos directamente sobre os orixinais, senón un caso excepcional (nº 6), que é un traslado cronoloxicamente moi próximo ao orixinal. IncluÃmos en apéndice cinco documentos máis anteriores a 1260, pero aos que non temos acceso directo porque se extraviou o orixinal e soamente os coñecemos ben mediante edición realizada nos nosos tempos (B, C, D), ben mediante copia coetánea (A e E). O criterio para a escolla dos documentos foi a lingua en que están escritos: o galego sensu strictu, isto é, sen incluÃr o portugués1. A inmensa maiorÃa dos documentos foron redactados dentro do dominio lingüÃstico galego, pero hai algún exemplo procedente do exterior deste (nº 16, datado en Sevilla). Por tanto, a colección que presentamos acolle o groso da æprodución primitiva' en lingua galega, se por tal entendemos a producida en escrita romance (por oposición á latina medie val) e cun grao de definición idiomática indiscutible por oposición aos textos hÃbridos ou fronteirizos.