Descuento:
-5%Antes:
Despues:
38,95 €Presentación«Unha viaxe de dúas mil leguas comeza co primeiro paso»Lao Tsé (século VI a. C.)Atende uns minutos, por favor: estámosche ofrecendo un texto de filosofÃa e cidadanÃa. Os nosos primeirospensadores gregos atribuÃan grande importancia non só á filosofÃa, senón tamén á educacióndos cidadáns e á súa participación activa na polÃtica. Probablemente, a publicación che impresione unpouco, pois o libro parece algo voluminoso e trátase dunha materia nova para ti. Pero non te inquietesdemasiado, pois o teu profesor ou profesora che axudará e, seguindo as súas instrucións, percorreráscon ánimo as sendas das ideas e do pensamento. Isto quizais sexa o máis elevado e nobre de canto ahumanidade concibiu. Sen embargo, o proxecto resultarache fácil, xa que case nada que valla a pena oé. Para facelo sinxelo e doado serve calquera, e ti sabes que ningunha persoa debe conformarse con ser«calquera». Pola contra, todo ser humano debe procurar ser el mesmo e, para iso, como podes supor, énecesario realizar algún que outro esforzo.Convidámosche, pois, a iniciar o itinerario da filosofÃa. Trátase dun camiño entretido e ameno, para oque resultará conveniente dispoñer dun tempero moral case tan elevado como o dos deportistas, queche permitirá acadar a liberdade e a responsabilidade. Imaxina aos ciclistas nunha carreira por etapas,como por exemplo, a volta a España. Xunto ás lánguidas e plácidas chairas polas que o pelotón marcharáradiante e compracido, presentaranse tamén dÃas agrios: vento, chuvia e outras inclemencias climáticas.As veces serán necesarias certas doses de coraxe e valentÃa para afrontar os temerarios descensose, noutras ocasións, haberá de enfrontarse a empinadas estradas, nas que o ánimo, asfixiado pola fatigae entumecido polo esforzo, reclamará alivio e empuxarao a reducir o ritmo. Mais o bo ciclista saberesistir, superar os malos momentos e continuar xubiloso cara á meta.Presentámosche, pois, as trece etapas do noso libro, cuxo denominador común é a filosofÃa e a educacióncidadá. Daraste conta de que no percorrido que trazamos vaise debuxando o desenvolvementodunha actividade reflexiva e crÃtica que, a partir das achegas das ciencias e doutras disciplinas, presentaante os teus ollos unha paisaxe acerca do que é o ser humano en todas as súas dimensións. Tras unprimeiro contacto coas propostas éticas da ensinanza obrigatoria, tamén unidas á idea de cidadanÃa,inicias agora unha aproximación sistemática á filosofÃa e ao desenvolvemento da cidadanÃa ao longoda historia. O estudo das dúas grandes dimensións da racionalidade ?a súa vertente teórica e a súavertente práctica? deixa paso á consideración dos problemas e preguntas fundamentais que formuloua filosofÃa ao longo da súa historia. Observarás que todo o libro está impregnado desa razón prácticafilosófica, con redobrados contidos éticos e polÃticos. A través de todos eles, vaise forxando a idea desacidadanÃa crÃtica, libre, tolerante, solidaria, activa e democrática.Ao contrario que os ciclistas da nosa carreira, non estarás obrigado a percorrer todas as etapas, xaque o profesor ou profesora deseñará a ruta máis idónea para ti, seleccionarás os contidos máis axeitadosou que máis che interesen e subministrarache os avituallamentos necesarios. Pero, claro está,ti tamén terás que esforzarte. Nin o teu profesor ou profesora nin nós podemos pedalear por ti, poloque, en último termo, o verdadeiro traballo correrá da túa conta. Adiante, polo tanto! Animámosche afacer acopio de espÃrito deportivo, fincarte nos pedais e esforzarte con optimismo.E, se xorden dificultades e se che insinúa a tentación de desfalecer, eleva a vista e renova o ánimo,pois mirando cara ao alto descubrirás que a próxima chegada se atopa ao alcance da túa man.Os autores