(G).RASTRO QUE DEIXAMOS

(G).RASTRO QUE DEIXAMOS

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499144498
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9914-449-8
Páginas:
239
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
CRONICA

Descuento:

-5%

Antes:

20,95 €

Despues:

19,90 €
IVA incluido
Comprar

Coma se fosen as pedriñas coas que Hansel marcaba os seus pasos pola espesura do bosque, O rastro que deixamos reúne por vez primeira traballos dados a coñecer por Agustín Fernández Paz en diferentes medios e contextos ao longo do tempo, así como outros que permanecían inéditos. Neles, o autor aborda un regueiro de episodios fundamentais na súa vida, retallos da memoria que nos permiten achegarnos á ética e  mais á poética do escritor. Estes rastros son unha mostra de dúas liñas de traballo esenciais, a memoria da infancia e o oficio da escrita. Na primeira parte, baixo a epígrafe «As paisaxes da memoria»,  reúnense escritos onde predominan as vivencias da nenez e da mocidade, naqueles anos en que asistiu á creación do mundo na súa Vilalba natal. Os textos da segunda, titulada «O oficio de escribir», fálannos da súa paixón pola lectura e pola escrita, así como da súa fe  na forza das palabras para cambiar o mundo e cambiar a vida. Como ocorre nos libros de ficción de Fernández Paz, estas páxinas seducen pola claridade das ideas e polo engado con que se expresan. Ademais, permítennos adiviñar as pegadas das experiencias vitais na súa obra e descubrir os fundamentos do oficio de narrador, o termo no que o autor  mellor se recoñece. Cada unha das dúas partes péchase cunhas páxinas narrativas; a primeira, cos relatos «A mirada de Clara» e «Cando nacen  as estrelas»; a segunda, cun peculiar e irónico conto por palabras, «Reflexións sobre a precariedade laboral». Estes relatos amosan como o  autor constrúe os textos de ficción cos vimbios da súa vida, unha vida que traslada logo aos seus personaxes. Quizais isto explique por que a súa produción literaria recende a verdade e conta co aprecio dun  público tan amplo e tan diverso.

Otros libros del autor en La Casa del Estudiante

  • Cos pés no aire -5%
    Titulo del libro
    Cos pés no aire
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Cos pés no aire é unha novela breve que recolle a historia de Daniel, un oficinista que leva unha vida monót...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,50 €11,88 €

  • (12).LINGUA GALEGA LITERATURA 2º.ESO (XERAIS) -5%
    Titulo del libro
    (12).LINGUA GALEGA LITERATURA 2º.ESO (XERAIS)
    Fernández Paz, Agustín;Iglesias Álvarez, Ana;Rodríguez Rodríguez, Anaír;Louzao Outeiro, Miguel;Campos Villar, Xabier;Moo Pedrosa, Xosé Manuel
    Xerais
    No disponible

    34,65 €32,92 €

  • Nocilla dream -5%
    Titulo del libro
    Nocilla dream
    Fernández Mallo, Agustín
    Alfaguara
    Estado de Nevada, carretera US50. Cientos de zapatos cuelgan del único  álamo que crece en 418 kilómetros de...
    No disponible

    9,76 €9,27 €

  • Fantasmes de llum -5%
    Titulo del libro
    Fantasmes de llum
    Agustín Fernández Paz
    Bromera edicions
    Damià treballa des de fa trenta-cinc anys en la cabina de projecció dÆun cinema. SÆha acostumat a veure el ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,95 €10,40 €

  • Postpoesía -5%
    Titulo del libro
    Postpoesía
    Nº 397
    Fernández Mallo, Agustín
    Anagrama
    ¿Se puede aún a fecha de hoy hablar de la existencia de la poesía como  género textual En caso afirmativo, ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,90 €17,01 €

Materia en La Casa del Estudiante

Xerais en La Casa del Estudiante