Historia do mundo comtemporaneo 1ºbacharelato
Antiguo

Historia do mundo comtemporaneo 1ºbacharelato

Editorial:
Baia
EAN:
9788499950365
Año de edición:
Materia
LIBRO DE TEXTO
ISBN:
978-84-9995-036-5
Páginas:
451
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)
Colección:
1ºBACHARELATO

Descuento:

-5%

Antes:

34,50 €

Despues:

32,78 €
IVA incluido
Comprar

O libro agrupa a información en tres grandes bloques cronolóxicos: 1750-1914, 1914-45 e 1945-2008. En canto ao tratamento dos contidos, predomina o tratamento global e diacrónico no exame das grandes transformacións económicas e políticas do século XIX que conforman o mundo contemporáneo -revolución industrial, revolución política liberal, burguesía e proletariado, imperialismo- así como no estudo dos cambios e continuidades que afectan ao mundo actual -Guerra Fría, capitalismo e socialismo real, descolonización e Terceiro Mundo-; mentres que para o estudo das graves crises e conflitos do mundo de entregueras Gran Guerra, Revolución rusa, Crac do 29, Fascismos, Segunda Guerra Mundial- predomina un tratamento máis pormenorizado e temático.
 
 Os autores parten da idea de que o alumnado debe manexar e comentar un  bo número de materiais documentais da época (textos, gráficas, estatísticas, mapas, fotografías, obras de arte...). Por iso en cada unha das unidades temáticas están recollidos numerosos documentos que forman parte da información, é dicir, non son meros complementos dun discurso de autor, senón que son eles os que realmente proporcionan a información histórica; o traballo dos autores céntrase na organización  e recollida desa información redactando un fío condutor que facilita ao alumnado a correcta comprensión da documentación orixinal.
 
 Na selección desta documentación os autores incorporaron fundamentalmente fontes primarias accesíbeis e comprensíbeis para o nivel de ensino a que está destinado o manual. Os documentos escritos preséntanse convenientemente reducidos ás súas mensaxes básicas, destacando aqueles aspectos que máis interesaban para o tema a tratar.  Na referencia bibliográfica dos textos consígnase sempre o autor, o título e a data da primeira redacción ou publicación sen especificar (por consideralo de escasa ou nula relevancia) a edición concreta que foi manexada. Ao comezo de cada unidade figuran enderezos da Internet e títulos de filmes que poden ser utilizados para completar a información do libro de texto.
 
 O manual achega tamén un anexo final de técnicas de traballo pensadas par facilitar ao alumnado o traballo cos materiais documentais de carácter textual, gráfico e audiovisual.

Materia en La Casa del Estudiante

Baia en La Casa del Estudiante

  • O marabilloso mundo das profesións -5%
    Titulo del libro
    O marabilloso mundo das profesións
    Hanácková, Pavla
    Baia
    Algunha vez tentaches contar cantas profesións hai Imposible, verdade Que haxa tantas é algo fantástico porq...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,05 €20,95 €

  • Filosofía 1º Bach. -5%
    Titulo del libro
    Filosofía 1º Bach.
    Martínez Quintanar, Miguel Ángel
    Baia
    Consideramos a utilidade do manual que presentamos para a materia de Filosofía, pola necesidade de ter un text...
    No disponible

    37,45 €35,58 €

  • AS FAUCES FEROCES -5%
    Titulo del libro
    AS FAUCES FEROCES
    Nº 38
    Pedreira Lombardia, Emma
    Baia
    Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimizac...
    No disponible

    14,35 €13,63 €

  • As miñas primerias palabras en inglés -5%
    Titulo del libro
    As miñas primerias palabras en inglés
    AA.VV
    Baia
    Queres aprender inglés? Este é o mellor libro para iso. En cada unha das súas páxinas podes aprender vocabu...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,50 €11,88 €

  • Miguel Strogoff -5%
    Titulo del libro
    Miguel Strogoff
    Verne, Julio
    Baia
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,90 €19,86 €