Manuel Luís Acuña

Manuel Luís Acuña

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025772
ISBN:
978-84-8302-577-2
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

Descuento:

-5%

Antes:

32,10 €

Despues:

30,50 €
IVA incluido

A dimensión intelectual e creativa de Manuel Luís Acuña, a carón do que significou o seu percorrido vital ó longo dos tres primeiros cuartos de século, formulou espontaneamente a un grupo de persoas, unidas por compartiren unha afervoada querencia pola súa figura e obra, a necesidade dun libro como o presente, por volta de se cumpriren cen anos do seu nacemento.Este volume testemuña a vixencia, intensidade e perseveranza a través do tempo do seu maxisterio profesional, literario e humanístico. A proposta axiña se espallou e foi acollida con entusiasmo e xenerosidade por todos os participantes que se quixeron sumar ao proxecto.Por un lado, quíxose conxugar a voz de diversos narradores, poetas, xornalistas e ensaístas que, procedentes de moi diversos ámbitos cronolóxicos, ben trataron ao autor ou ben repararon con vagar no ecoar das diversas parcelas das súas circunstancias persoais quebradas no naufraxio do ano 1936. Como non podía ser doutro xeito, o seu labor intelectual converteuse en obxecto de análise demorada por parte de especialistas que deron coa vizosa actividade que Acuña levou a cabo tanto en tempos da II República coma anos despois nos eidos xornalístico, pedagóxico, político e, claro é, no ámbito literario, onde emerxe con forza propia  ese relampo permanente que é Fírgoas, poemario que amosa o indiscutible talento do seu autor.Por outra banda, e non como complemento, senón como esteo necesario que esixía unha obra que quere  integrar diversas manifestacións artísticas, aos anteriores textos, acompañados tamén de propios versos do poeta, verdadeiro protagonista do libro, engádeselle un amplo ronsel de contribucións pictóricas tanto da man daqueles que foron coetáneos do autor coma doutros artistas máis novos que se quixeron sumar, sempre xenerosamente, na realización dun libro que desde o comezo quixo ser aberto, plural, integrador e tolerante. Un espello, en definitiva, de Manuel Luís Acuña.

Xerais en La Casa del Estudiante

  • Fins do mundo
    Antiguo
    -5%
    Titulo del libro
    Fins do mundo
    Graña, Bernardino
    Xerais
    En 1974 publicou un fermoso libro de relatos: Fins do mundo, animado por Raimundo Patiño. Eran historietas ins...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    11,95 €11,35 €

  • Trescatorcedezaseis -5%
    Titulo del libro
    Trescatorcedezaseis
    Leira, Rocío
    Xerais
    «Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático ac...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • Tres segundos de memoria -5%
    Titulo del libro
    Tres segundos de memoria
    Nº 232
    Ameixeiras Novelle, Diego
    Xerais
    Un mozo de trinta anos, parado e á espera da próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contÃ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €18,53 €

  • O infortunio da soidade -5%
    Titulo del libro
    O infortunio da soidade
    Caneiro, Xosé Carlos
    Xerais
    ...amada Dalmara, habitáculo polo que demoro a fervenza da respiración  artificial, boca a boca do delirium t...
    No disponible

    19,95 €18,95 €

  • Tac tac tac -5%
    Titulo del libro
    Tac tac tac
    Toro, Suso De
    Xerais
    "Tac Tac Tac" é o resultado excepcional dun proxecto excepcional. En 2017 Suso de Toro implicou oito escritora...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    32,95 €31,30 €