O LAPIS DO MONO

O LAPIS DO MONO. Aforismos

Nº:
142
Editorial:
Medulia
EAN:
9788410324770
Año de edición:
Materia
POESIA
ISBN:
978-84-10-32477-0
Páginas:
142
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
Poesía

Descuento:

-5%

Antes:

14,90 €

Despues:

14,16 €
IVA incluido
Comprar

O lapis do mono é o terceiro libro de aforismos do autor, logo de Arca  cotidiana / Irispaxaros (1984) e Da rocha imantada (Laiovento, 2010). Xavier Seoane leva toda a vida escribindo aforismos e no presente volu-me recolle a súa produción entre os anos 2010 e 2020. A súa dedicación ao xénero inclúe tamén un libro de artista, Irispaxaros, que o gravador Manuel Facal realizou sobre unha antoloxía das súas creacións. Da súa autoría é tamén a edición, en colaboración con Francisco Pillado, dunha ampla antoloxía de aforismos de 48 autores galegos, titulada Os aforismos do riso futurista (Ed. Xerais, 2016). O aforismo, coa súa concentración e brevidade, é un xénero moi do noso  tempo. Que, por fragmentario ou parco que aparente, constitúe un ente autónomo, completo, que absorbe moita enerxía nun molde reducido. O aforismo integra elementos que van da filosofía á poesía, da ética á  estética, do humor ao ludismo, da creatividade filolóxica e lingüística ás inmersións no psiquismo, da subversión á retranca, do enxeño á sabedoría, do paradoxo ao siloxismo, do xogo verbal á sentenza, da imaxinación á ironía... Pois nada cae fóra das virtualidades incisivas do aforismo. No noso momento histórico e cultural, o aforismo literario está a alcanzar valores relevantes no campo da literatura. È un xénero atractivo e en ascenso. Que está a vivir un momento de ampliación da súa esen-cia, recursos e proxección. Porque se trata dun instrumento aberto, en constante metamorfose, con tantas poéticas como  autores o practican. Se aínda non existe consenso sobre o que é un poema, ou unha novela, como o ía haber sobre un xénero de tanta virtualidade estética e de configuración formal tan diversa. O ensaísta e pensador Antón Baamonde, no prólogo, sinala o humor, a diatriba, a chispa, a retranca e a lírica como claves deste libro. Para concluír: "Verdades amenas, que máis se pode pedir?".

Otros libros del autor en La Casa del Estudiante

  • Galicia emigrante. escolma de textos da audicion radial -5%
    Titulo del libro
    Galicia emigrante. escolma de textos da audicion radial
    Seoane, Luis / Braxe, Lino / Seoane, Xavier(edicion)
    Do castro
    No disponible

    14,00 €13,30 €

  • A dama da noite -5%
    Titulo del libro
    A dama da noite
    Seoane, Xavier
    Laiovento, s.l.
    No disponible

    15,00 €14,25 €

  • A voz dun tempo -5%
    Titulo del libro
    A voz dun tempo
    Seoane, Xavier
    Do castro
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,00 €9,50 €

  • De vuelos y de aves -5%
    Titulo del libro
    De vuelos y de aves
    Nº 1597
    Seoane, Xavier
    Pre-textos
    Haya dicha en la tierra  sean la paz y la nostalgia de las aves leves  álcense altos fuego...
    No disponible

    18,00 €17,10 €

  • O sol de Homero -5%
    Titulo del libro
    O sol de Homero
    Seoane, Xavier
    Xerais
    O sol de Homero do poeta e ensaísta Xavier Seoane é unha lúcida reflexión sobre a creación poética. Unha ...
    No disponible

    21,30 €20,24 €

Materia en La Casa del Estudiante

Medulia en La Casa del Estudiante