Pensa nao

Pensa nao

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024676
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8302-467-6
Páginas:
192
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
NARRATIVA

Descuento:

-5%

Antes:

20,50 €

Despues:

19,48 €
IVA incluido
Comprar

En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle  o espacio ficcional que lle é propio. Sernanselle, aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado  por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa. Pensa nao é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde  a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico de beleza que acabou por ser esmagado co alzamento fascista. Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo  inusitadamente épico, Pensa nao é a metáfora dunha Galicia aberta e en marcha, que onte e hoxe se adapta e resiste na dura travesía en procura da súa supervivencia cultural e política.Para Marianela Alvarez Carregal, membro do xurado de lectores que outorgou o Premio Xerais, "Pensa nao resulta ser unha das obras máis atraíntes publicada  no noso idioma nos últimos tempos porque presenta tamén un gran acerto na utilización do dialecto da zona, nas formas verbais e outras  características fonéticas que dan vida, cor e verosimilitude á obra. Pero, por riba de todas estas virtudes, o grande valor da obra é presentarnos unha Galicia rural incardinada na modernidade, no progreso; así, vemos unha comunidade rural interesada na racionalización do campo e na súa industrialización, da man dos seus elementos máis progresistas (comunistas, anarquistas, republicáns), pero tamén de elementos máis tradicionais (asociacións católicas, indianos, señoritos) que atopan un punto común na súa actuación para conseguir que en Sernanselle, a aldea rusa, se rompa o tópico, do atraso do campo, tanto no plano técnico como no ideolóxico. Por fin temos a novela de aldea pola que algúns lectores estabamos a agardar: nela preséntase non unha Galicia ruralizante e choromica, senón unha Galicia resistente, loitadora, e, por suposto, reprimida brutalmente".

Otros libros del autor en La Casa del Estudiante

  • Bágoas de facer illas -5%
    Titulo del libro
    Bágoas de facer illas
    Angueira, Anxo
    Xerais
    Axiña que rematamos de ler estas Bágoas de A. Angueira, o corpo pídenos o bruído entusiasmado da fondísima...
    No disponible

    11,10 €10,55 €

  • A espiral no espello -5%
    Titulo del libro
    A espiral no espello
    Angueira, Anxo
    Xerais
    O presente estudo reivindica para Bretaña, Esmeraldina a condición de obra central dentro do macrotexto da pr...
    No disponible

    39,50 €37,53 €

  • Materia prima -5%
    Titulo del libro
    Materia prima
    Aleixandre, Marilar;Alonso, Fran;Angueira, Anxo;Bieito Iglesias, Araúxo;Borrazás, Xurxo;Caneiro, Xosé Carlos;Cid Cabido, Xosé;Lourenzo, Ramón;Miranda,
    Xerais
    Materia prima é un mapa, unha cartografía que orienta ao lector a través da narrativa galega contemporánea....
    No disponible

    16,85 €16,01 €

  • Fóra do sagrado -5%
    Titulo del libro
    Fóra do sagrado
    Angueira, Anxo
    Xerais
    Este novo poemario de Anxo Angueira é un canto centrado en Vigo, na persoal fisionomía da cidade, na súa cap...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,95 €16,10 €

  • O valo de Manselle -5%
    Titulo del libro
    O valo de Manselle
    Angueira, Anxo
    Xerais
    No disponible

    6,45 €6,13 €

Materia en La Casa del Estudiante

Xerais en La Casa del Estudiante

  • A carteira -5%
    Titulo del libro
    A carteira
    Lopo, Santiago
    Xerais
    Desesperada ante unha situación laboral precaria, a protagonista de «A  carteira» acepta un contrato tempora...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €18,53 €

  • O XIRO -5%
    Titulo del libro
    O XIRO
    Gómez, Noelia
    Xerais
    No disponible

    14,50 €13,78 €

  • Cidades -5%
    Titulo del libro
    Cidades
    Alonso, Francisco
    Xerais
    No disponible

    6,25 €5,94 €

  • Periferia -5%
    Titulo del libro
    Periferia
    Zúñiga, Iolanda
    Xerais
    Luciana e Brown unen os seus destinos, marcados polo amor, o narcotráfico e a violencia, nos límites dunha da...
    No disponible

    25,95 €24,65 €

  • A cidade maldita -5%
    Titulo del libro
    A cidade maldita
    Abella Chouciño, Xelucho
    Xerais
    No disponible

    7,50 €7,13 €