Química 2ºbacharelato

Química 2ºbacharelato

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630127
Año de edición:
Materia
LIBRO DE TEXTO
ISBN:
978-84-92630-12-7
Páginas:
384
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
2ºBACHARELATO

Descuento:

-5%

Antes:

32,24 €

Despues:

30,63 €
IVA incluido

Este libro que está dirixido ao alumnado de Segundo de Bacharelado foi  elaborado tendo en conta o Decreto que establece o "Currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia". Os contidos do texto organízanse en nove temas e un apéndice. Os temas  correspóndense cos que se establecen no citado Currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (salvo o tema 4: Cinética química, que non aparece no Currículo, pero completa o estudo  da reacción química). Ademais engádese o tema 0 como repaso do estudado no primeiro curso de Bacharelato, xa que será materia de exame nas PAAU e debemos lembrar que moitos dos alumnos e alumnas de Segundo de Bacharelato farán estas probas cando remate o curso. En cada tema faise un desenvolvemento teórico da materia, acompañado dunha serie de "Exercicios resoltos" que pretenden servir de guía e axuda para o alumnado na aplicación das ideas e conceptos que se van desenvolvendo no tema. Co fin de facer unha revisión do estudado, ao final de cada tema propóñense unha serie de exercicios que levan indicada a solución numérica para facilitar o traballo autónomo por parte das alumnas e alumnos. Moitos destes exercicios, así como algúns dos resoltos, propuxéronse no seu día nas PAAU de COU. Ademais recóllense, a modo de  orientación, os exercicios que apareceron nas PAAU (LOXSE) desde o ano 1996 até o 2008. Na maioría dos temas desenvólvense prácticas de laboratorio, que servirán para aplicar algúns dos conceptos estudados na práctica, non debemos esquecer que a Química é unha ciencia experimental. Ademais, na PAAU de Química aparecerá unha cuestión sobre prácticas de laboratorio que puntuará até dous puntos. As actividades TIC que se propoñen son tarefas de investigación que se  poden realizar en grupo, polo conxunto da clase ou individualmente. Pretenden relacionar os contidos co medio no que vivimos, e fomentar o  emprego das TIC. Ao final dos temas inclúese mapas conceptuais que facilitan a integración e interiorización dos coñecementos adquiridos en cada unidade. No apéndice indícanse as principais constantes físicas e químicas, que  poden ser de utilidade para o alumnado.

Materia en La Casa del Estudiante

Baia en La Casa del Estudiante

  • 20.000 leguas baixo dos mares -5%
    Titulo del libro
    20.000 leguas baixo dos mares
    Verne, Jules
    Baia
    Mortos de frío e case sen folgos, Pierre Aronnax, Conseil e Ned Landd atópanse na auga a lombos dun monstro. ...
    No disponible

    13,50 €12,83 €

  • O vampiro -5%
    Titulo del libro
    O vampiro
    Lluch, Enric
    Baia
    Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido presti...
    No disponible

    6,75 €6,41 €

  • Quen necesita un sombreiro máxico? -5%
    Titulo del libro
    Quen necesita un sombreiro máxico?
    Bolta, Mº Jesús
    Baia
    Sabela Castiñeiro ten un sombreiro que fai realidade todos os seus desexos, pero sempre está soa. Pronto desc...
    No disponible

    3,74 €3,55 €

  • Entre Donas -5%
    Titulo del libro
    Entre Donas
    Jiménez Aleixandre, María Pilar
    Baia
    Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experienc...
    No disponible

    14,35 €13,63 €

  • Es ti o meu amigo? -5%
    Titulo del libro
    Es ti o meu amigo?
    Soldado, Magda
    Baia
    A partir de 3 anos    Historia que profunda sobre o sentido da auténtica amizade. ...
    No disponible

    11,06 €10,51 €