Vacacións 4 anos pompas de xabón

Vacacións 4 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148502
Año de edición:
Materia
CUADERNOS DE VACACIONES
ISBN:
978-84-9914-850-2
Páginas:
58
Idioma:
GALEGO
Ancho:
275
Alto:
305
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
VACACIONS

Descuento:

-5%

Antes:

14,50 €

Despues:

13,78 €
IVA incluido

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Materia en La Casa del Estudiante

Xerais en La Casa del Estudiante

  • (04).TRASNOS MAXICOS 4 ANOS-3O.TRIMESTRE -5%
    Titulo del libro
    (04).TRASNOS MAXICOS 4 ANOS-3O.TRIMESTRE
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    29,15 €27,69 €

  • Sempre quixen bailar un tango -5%
    Titulo del libro
    Sempre quixen bailar un tango
    González Costa, Teresa
    Xerais
    Manuel acolle a nova da súa morte, e de maneira serena considera as cousas que nunca vai poder facer, as palab...
    No disponible

    15,50 €14,73 €

  • Dicionario Xerais de Primaria -5%
    Titulo del libro
    Dicionario Xerais de Primaria
    Feixó Cid, Xosé;Rodríguez Alonso, Manuel
    Xerais
    .Linguaxe sinxela, viva e actual .Deseño gráfico concibido para facilitar a lectura e a visión global d...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,50 €21,38 €

  • Sagarmatha -5%
    Titulo del libro
    Sagarmatha
    Delgado, Josep-Francesc
    Xerais
    Doce alpinistas cataláns enfróntanse co reto de escalar o Everets (Sagarmatha en nepalés) a raíz da miste-r...
    No disponible

    11,60 €11,02 €

  • EU BEN VIN, VIRIVÍN -5%
    Titulo del libro
    EU BEN VIN, VIRIVÍN
    Rico Varela, Manuel
    Xerais
    Este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do c...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,50 €17,58 €