Vacacións 5 anos pompas de xabón

Vacacións 5 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148519
Año de edición:
ISBN:
978-84-9914-851-9
Páginas:
64
Idioma:
GALEGO
Ancho:
260
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
VACACIONS

Descuento:

-5%

Antes:

14,50 €

Despues:

13,78 €
IVA incluido

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Xerais en La Casa del Estudiante

  • Contra Maquieiro -5%
    Titulo del libro
    Contra Maquieiro
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    En Contra Maquieiro a voz poética de X. L. Méndez Ferrín retorna con toda a súa capacidade expresiva para l...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,95 €16,10 €

  • O home do traxe branco -5%
    Titulo del libro
    O home do traxe branco
    Muela Quesada, Herikberto
    Xerais
    Nun caloroso día de verán prodúcese un grande incendio nun bosque de Galicia. Pola noite, uns rapaces descob...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    12,65 €12,02 €

  • A memoria de Vigo -5%
    Titulo del libro
    A memoria de Vigo
    Martínez-Herrera Escribano, Juan Francisco
    Xerais
    Un álbum de postais sobre o Vigo antigo.A memoria de Vigo é un auténtico álbum no que se recollen máis de ...
    No disponible

    82,80 €78,66 €

  • Garabitolas -5%
    Titulo del libro
    Garabitolas
    Babarro, Xoán
    Xerais
    Un cabaliño/ de dúas patas/ que conta contos,/ que canta nanas,/ que trota en risas/ por toda a casa,/ que me...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,50 €10,93 €

  • (G).(09).LINGUA LIT.GALEGA 2O.BACHARELATO -5%
    Titulo del libro
    (G).(09).LINGUA LIT.GALEGA 2O.BACHARELATO
    Rosales Cereijo, Manuel;Pena Sánchez, Xosé Ramón;Moo Pedrosa, Xosé Manuel;Rodríguez Rodríguez, Anaír;Iglesias Álvarez, Ana
    Xerais
    No disponible

    38,55 €36,62 €